Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Topografía [En extinción]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 B1 B16 Proba Teorico - Práctica: Avaliación dos coñecementos adquiridos, mediante unha proba teórica de preguntas curtas ou de desenvolvemento. Resolución de problemas mediante a aplicación de metodoloxías topográficas. 50
Traballos tutelados A7 B4 B21 B27 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avalíase a entrega dos traballos propostos durante o curso, a análise dos datos, a solución achegada e a presentación. 25
Proba práctica A7 Proba Práctica: Manexo da instrumentación topográfica para a obtención de datos de campo. 25
 
Observacións avaliación

Aptitude na materia: Será cualificado APTO, aquel alumno que obteña unha cualificación mínima de 50 puntos, suma da cualificación de traballos tutelados, proba práctica e proba obxectiva.

Traballos tutelados: Recolleranse e puntuarán as prácticas de campo e traballos de gabinete realizadas, en grupo ou individualmente, así como os exercicios de reforzo propostos. Poderán convalidarse parcialmente ou na súa totalidade, por outros traballos ou exercicios realizados polo alumno, a criterio do profesor. A recollida dos traballos require a asistencia e participación nas clases, a condición de que sexa factible.

Proba práctica: Realizaranse dúas probas prácticas para avaliar a capacidade no manexo da instrumentación e a obtención das lecturas necesarias. Igualmente poderá solicitarse a resolución gráfica ou analítica cos datos obtidos. No caso de que a situación sanitaria non permita a súa realización, substituiranse por traballos tutelados.

Proba obxectiva: O alumno demostrará os seus coñecementos teóricos describindo a metodoloxía ou a aplicación topográfica sobre a que se formulen as preguntas. Unha serie de problemas topográficos deberá resolver gráfica e analiticamente, na que se permitirá o manexo de computadores e documentación técnica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes