Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Patoloxía e Rehabilitación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A19 A24 A29 A31 B12 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento nas que haberá que analizar e desenvolver, razoando, as cuestións obxecto de exame. Esta análise poderase acompañar de debuxos e detalles construtivos. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Traballos tutelados A4 A18 A19 A20 A24 A26 A29 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 B16 B22 B26 B27 B28 B29 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
 
Observacións avaliación

A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final.

A nota final estará formada polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos.  Se non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame.

Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións.

A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais. O copiar de internet  ou doutros traballos suporá a cualificación dun 0 na avaliación continua final.

A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte

0: a non asistencia a clase

1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal

2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente

4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo.

6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte.

8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno.

10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase

En canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas preguntas de desenvolvemento, a condición de que se alcance unha valoración superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e 2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non poderá ter unha cualificación superior a un 4.

Caso particular: alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exencións.

O proceso de avaliación para estes alumnos será o descrito para o resto de alumnos en ambas as convocatorias.

Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes