Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Seguridade e prevención
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.
O alumno se situa ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos no que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Presentación de forma oral con breve explicación dos obxectivos do curso, en relación con cada un dos temas e leccións que se tratarán en clase.
Proba obxectiva Trátase do exame final da materia. Proporase unha serie de exercicios, similares aos desenvolvidos en clase durante o curso.
Tamén se poderán propor preguntas curtas de índole teórica para avaliar a comprensión dos diferentes conceptos tratados na materia.
É unha proba individual e por escrito, que poderá consistir na integración de preguntas abertas de desenvolvemento tipo tema (programa de contidos), tanto de teoría como de solución de problemas e/ou casos prácticos.
Sesión maxistral O profesorado realizará a exposición oral de cada tema ou lección, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Nas leccións maxistrais o profesor presentará os contidos teóricos e prácticos da materia, axudándose de exemplos ilustrativos co fin de motivar aos alumnos e de axudar á comprensión e asimilación dos contidos.
O profesor apoiarase en presentacións dinámicas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes