Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Instalacións III [En Extinción]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A9 A15 A20 A26 A35 Exame práctico no que se propoñerá como mínimo un exercicio similar aos casos prácticos desenvolvidos durante o curso. 18
Estudo de casos A9 A12 A15 A19 A26 B22 C4 Realizaranse un mínimo de cinco traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas. O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas 42
Proba de resposta breve A12 A18 A19 B5 B12 Exame de resposta breve ou tipo test cun mínimo de 10 preguntas e un máximo de 20. 40
 
Observacións avaliación
Método de avaliación: avaliación continua (curso + exame final)

Actividades de avaliación continua por curso (65% da cualificación global)
  • Controis teóricos (nº: mínimo 5): De 10 a 20 preguntas tipo test ou curtas (duración 15-20 mín) (nota mínima >4) (40% da nota por curso).
  • Prácticas individuais (nº: mínimo 5): Unha por cada bloque temático con contido metodolóxico ( dimensionado e definición de compoñentes da instalación). Presencial en aula. (60% da nota por curso).
O profesor poderá expor actividades de recuperación para as actividades de avaliación por curso non realizadas.
Asistencia a clase: número máximo de inasistencias: 2.
Si a ausencia coincide con avaliación o alumno deberá realizar actividade de recuperación exposta polo profesor

Exame final (35% da cualificación global)

  • Exame final teórico: De 20 a 50 preguntas (duración 15-20 min) (40% da nota EF)


  • Exame final práctico: Dous exercicios similares ás prácticas (duración 45 mín
    – 1 hora) 60%

Criterio para eximir Exame Final:
Nota avaliación por curso debe ser igual ou superior a 8. A
cualificación máxima obtida na materia por curso será de 6,5 (Aprobado).

Requisito para presentar Exame Final Todos os alumnos deben presentar
todas as prácticas individuais e realizar todos os controis teóricos por
curso (incluso os alumnos con dispensa académica).

Se por razóns sanitarias, non se poidan realizar as actividades
presenciais previstas, realizaranse de forma telemática, a través das
plataformas da UDC e serán desenvolvidas seguindo as indicacións
impartidas polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes