Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Inglés Técnico [En Extinción]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B9 B13 Os estudiantes realizarán un proxecto sobre un tema relacionado coa asignatura e unna presentación oral do mismo. 20
Proba mixta A17 B1 C2 No exame oficial de maio-xuño, o alumnado realizará unha proba mixta na data anunciada na convocatoria oficial de exames. 60
Proba práctica A17 B1 C2 Os estudantes realizarán diversas tarefas prácticas ao longo do semestre. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba mixta, proba práctica e traballo tutelado) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

OPORTUNIDADE de XULLO: 

No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, debernse repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: traballo tutelado e presentación oral (20), proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (20%). 

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA:

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Atención á DIVERSIDADE: 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro.

Igualdade de XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes