Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Medicións acústicas na edificación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A9 A35 B5 B6 B16 C1 Na modalidade de avaliación continua, realizarase unha proba obxectiva parcial en datas do período de actividade académica docente e que supoñerá un 35% da cualificación global. En caso de seguir a modalidade de avaliación final, a avaliación consistirá exclusivamente nunha proba obxectiva que terá lugar nas oportunidades oficiais de xuño e xullo e que supoñerán o 100% da cualificación. 35
Traballos tutelados A1 A9 A35 B4 B5 B6 B8 B16 C1 C3 No que denominamos modalidade de avaliación continua, realizarase un seguimento das actividades propostas desenroladas individualmente ou en pequenos grupos. 65
 
Observacións avaliación
O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final".

A) AVALIACIÓN CONTINUA.

O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través dos traballos tutelados propostos e a través da resolución de cuestións, problemas e casos prácticos expostos na proba obxectiva parcial.

Así, a avaliación poderase desagregar do seguinte modo:



A1) Proba obxectiva parcial (máximo 3,5 puntos): realizarase unha proba obxectiva parcial ao longo do curso que supoñerá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Será requisito alcanzar un mínimo de 1,0 punto na proba xa que de non facelo o alumno perderá a posibilidade de seguir a modalidade de avaliación continua.
A2) Traballos tutelados propostos (máximo 6,5 puntos): exporanse durante as sesións de seminario.

Aqueles alumnos que a través destes apartados cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5 puntos, aprobarían a materia. En caso contrario, poderán acollerse á modalidade de avaliación final.

B) AVALIACIÓN FINAL.



Calquera alumno (tanto con matrícula ordinaria como con matrícula a tempo parcial) terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente optase por realizar a avaliación continua. Esta avaliación terá en conta unicamente o resultado obtido na realización dunha proba obxectiva dos contidos de toda a materia. A nota recibida neste exame supoñerá o 100 % da cualificación da materia e conseguirase o aprobado ao alcanzar un mínimo de 5,0 puntos. Esta proba obxectiva coincidirá coas oportunidades oficiais de xuño e xullo.

A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles alumnos que, non aprobando seguindo a modalidade de avaliación continua, non se presenten á proba final das correspondentes oportunidades oficiais.



FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN



A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes