Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Patrimonio Arquitectónico galego
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir os coñecementos necesarios e facilitar a aprendizaxe. A participación activa nestas sesións valorarase favorablemente para as cualificacións de todas as probas.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán, ao longo do curso, exercicios propostos en clase, que deberán solucionar individualmente e presentar para a súa avaliación posterior. É obrigatorio realizar estes traballos segundo as normas de presentación e entrega que se facilitarán en clases e que estarán expostos na plataforma virtual moodle.

Como norma de honestidad académica esixible, o profesorado desta materia, no que aprobas de avaliación refírese non admitirá conduta fraudulenta algunha nin tampouco a presentación de traballos fraudulentos, entendendo por tal cousa o seguinte:

«Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores das fontes».

E, ademais, establécense as consecuencias de tentar realizar probas de avaliación de forma fraudulenta nesta materia:

«A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor».

É dicir, que no caso de que un estudante presente un traballo plagiado:

«Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso», siempre sin perjuicio de las responsabilidades disciplinarias que se pudiesen derivar».
Proba obxectiva Realizarase a final de curso unha proba obxectiva de conxunto. O acceso a esta proba será exclusivamente para os alumnos que asistisen como mínimo ao 80% das clases presenciais (tanto expositivas como interactivas) e que aprobasen os exercicios propostos ao longo do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes