Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais de Construción I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumno, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente a aprendizaxe de "cómo facelas cousas";. Constitue unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. Este sistema de ensinanza basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes, o seguemento dese aprendizaxe independente dos estudantes e o seguemento da aprendizaxe polo profesor tutor 30
Proba obxectiva A39 A47 B33 B35 C1 C6 C8 C9 Proba que integra preguntas das materias impartidas nas clases explicativas e nas clases interactivas.

40
Proba mixta A39 A47 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Proba que integra preguntas das materias impartidas.
Resolución de Exercicios.
Recoñecemento dos materiais de construcción estudiados.

30
 
Observacións avaliación

Avaliación continua

A avaliación continua abrangue o traballo desenrolado
nas clases interactivas, o traballo autónomo xeral do alumno desenrolado
durante o curso, os traballos tutelados, o traballo semanal e as presentacións orais. Además para poder optar a esta avaliación será necesaria a asistencia a clase como mínimo do 80% das
clases así como o realizaren tódalas actividades propostas. Además
para o aprobado final da asignatura, independente das porcentaxes das cualificacións que cada alumno obtenga dos traballos tutelados e das
probas será NECESARIO obtener unha NOTA MÍNIMA de 5 sobre 10 na prueba o
examen final. 

Implicación
de plaxio

A
implicación de plaxio nun traballo desta asignatura traerá como calificación
automática un 0 na convocatoria de JUNIO, sen perxuicio do que a institución e/ou lexislación estableza
neste sentido.

Caso particular: alumnos que non realizan as actividades da
avaliación continua (recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
exencións) 

Os alumnos que por algún motivo non poidan
realizar as actividades que se avaliarán no que se definiu como avaliación
continua, terán dereito a demostrar o seu coñecemento a través dun exame que
estará formado por un test e se se supera este a unha proba de desenvolvemento mixta.
Esta proba en caso de non poderse facer de forma presencial por escrito substituirase
por un exame oral a través da plataforma Teams ou similar. Esta modalidade de
avaliación excepcional manterase tamén na segunda oportunidade. Para aprobar
haberá que ter unha nota superior a 5 en cada unha das partes. A nota final
estará formada polo 40% do test e o 60% da proba de desenvolvemento mixta. En
cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar.
Se non se chega a ese mínimo en cada unha das partes a nota final será como
máximo dun 4.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes