Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Estruturas de Edificación I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A37 B31 B32 B33 B34 B35 C3 C6 C7 C8 C9 Consistira en ejercicios y/o cuestiones teoricopracticas 100
 
Observacións avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 

-1ª OPORTUNIDADE: para poder presentarse á proba obxetiva de primeira oportunidade o/a alumno/a debe ter unha asistencia a clase maior ou igual ao 80% do total das clases da asignatura. A proba obxetiva realizarase o día e hora que fixe a Escola no calendario oficial de exames. O aprobado alcánzase mediante a consecución de 5 puntos sobre os 10 puntos totais.

-2ª OPORTUNIDADE: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, independentemente da súa porcentaxe de asistencia. A proba obxetiva realizarase o día e hora que fije a Escola no calendario oficial de exames. O aprobado alcánzase mediante a consecución de 5 puntos sobre os 10 puntos totais.

En todo caso, recoméndase a asistencia continuada ás clases, así como o estudo continuado da materia.

Para a realización das probas obxetivas usarase un formulario A4 manuscrito por ambalas dúas caras que poderá conter exclusivamente fórmulas (non pode incluir exercicios resoltos, nin pasos para a realización de exercicios), tamén pode usarse o formulario que o profesorado deixará no Campus Virtual. Tamén se usará calculadora non programable e material de escritura e debuxo. 

O exame é individual. O incumplimento deste requisito implicará a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móviles, smart watch, ou calquera outro medio de almacenamento, fotografía, intercambio ou acceso á información están terminantemente prohibidos. Todos estos dispositivos deberán permanecer apagados e fora das mesas. A realización de fotografías do exame, durante a duración do mesmo, suporá a expulsión. A detección de PLAXIO, así como a REALIZACIÓN FRAUDULENTA de probas ou actividades de evaluación implicará a aplicación da Normativa Académica de Evaluacións, Calificacións e Reclamacións vixente da UDC. A publicación das notas realizarase dentro dos plazos legalmente establecidos. No listado de notas figurará o día e a hora da revisión de exames, que se realizará dentro dos plazos fixados pola Normativa Académica de Evaluacións, Calificacións e Reclamacións. 

CRITERIOS DE CORRECCIÓN: Os criterios de corrección adecúanse aos derivados da realidade profesional. Como criterio xeral, os erros conceptuais valoraranse en función de súa gravedade, pudendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. 

CONDICIÓNS PARA O ALUMNADO CON MATRÍCULA NA MODALIDADE DE TEMPO PARCIAL: O alumnado matriculado na modalidade a tempo parcial (que así o demostre, previa presentación do resguardo de matrícula ou da resolución do centro de concesión de tal condición) ten a posibilidade, si así o desexa, de presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase. Esta circunstancia debe ser comunicada ao profesor o antes posible. 

CONDICIÓNS PARA O ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: O alumnado que ten recoñecido pola UDC o dereito a dispensa académica de exención de asistencia (que así o demostre, previa presentación da resolución de concesión de tal condición) poderá presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase. Esta circunstancia debe ser comunicada ao profesor o antes posible.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes