Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Proxectos Técnicos I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A61 A75 A76 A77 A78 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C4 C5 C6 C7 C9 FARANSE PUBLICAMENTE EN HORARIOS PRESENCIAIS ONDE TODOS PODERÁN INTERVIR DANDO O SEU PUNTO DE VISTA DA SOLUCIÓN. 13
Análise de fontes documentais A74 B31 B32 B33 C3 C6 C7 C8 C9 UTILIZACIÓN DA BIBLIOGRAFÍA CORRESPONDENTE. 2
Traballos tutelados A61 A74 A75 A76 A77 A78 B32 B33 B34 C1 C3 C6 C7 C9 PARTE DOS EXERCICIOS SERÁN PLANTEADOS E RESOLTOS EN HORARIO NON PRESENCIAL COA CORRESPONDENTE DISCUSIÓN E CORRECCIÓN DOS MESMOS EN HORARIO PRESENCIAL. 30
Portafolios do alumno A74 A76 A77 B32 C1 C6 C9 IRANSE GARDANDO TODOS OS TRABALLOS DO ALUMNO NUNHA CARPETA QUE EL MESMO DISEÑARÁ NO COMEZO DO CURSO. TERANSE SESIÓNS PERSOAIS COS ALUMNOS EN TITORÍAS PARA QUE FAGAN AUTOCORRECCIÓNS DOS TRABALLOS. 2
Sesión maxistral A74 B33 C4 C6 C9 SEMANALMENTE ANTES DE QUE SE EXPOÑAN OS EXERCICIOS PRÁCTICOS, FARASE UNHA EXPOSICIÓN ORAL E NA PIZARRA DOS CONTIDOS POR PARTE DO PROFESOR QUE TRATARÁ DE TEMAS QUE VAI ABORDAR NA PRÁCTICA. 2
Prácticas de laboratorio A61 A77 A78 B32 B33 B34 C1 C3 C6 C7 C9 SERVIRÁN ESTAS PRÁCTICAS PARA FACER CORRECCIÓNS DOS EXERCICIOS. 51
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas, cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas. A docencia da materia de Proxectos Técnicos I baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua. 1.- A cualificación dos alumnos ten un soporte definitivo nas prácticas e traballos tutelados dos mesmos, coas porcentaxes de valoración, distintos, que se establecen nos anteriores criterios de avaliación. 2.- As prácticas e traballos tutelados entregados, todas e todos eles obrigatorios, teñen distinto carácter: A.- Entregables avaliables (ao redor do oito prácticas). B.- Selectivas (unha práctica). 3.- A última práctica, composta de dous partes, unha proyectiva e outra valorativa, tendo que superar as dúas; e o resultado final fai media coas outras practicas do curso. Para superar a materia, por curso deberá de cumprirse a condición seguinte: 1.-Ser entregadas todas as prácticas e traballos individuais e cada unha/un delas/es debera ser considerada/o como apta/o. Este criterio tamén é aplicable tanto á Primeira como á Segunda Oportunidade: Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XANEIRO) ou, no seu caso, na data fixada para a Segunda Oportunidade de avaliación (XUÑO-XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións, fixadas nas tutorías correspondentes, do profesor responsable da materia. IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: - Non cumprir co mínimo de asistencia esixido. - Non entregar algún dos traballos propostos. Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes