Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Deseño de Interiores, Xardinaría e Paisaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Na carpeta ou arquivo do alumno clasificaranse os seus traballos prácticos: Exercicios de deseño de interiores formulados durante o curso. Habitualmente haberá sesións persoais, titorías personalizadas, con cada unha delas para a súa autoavaliación e comentarios do profesor sobre o seu progreso.
Prácticas de laboratorio Parte dos exercicios de deseño propostos resolveranse presencialmente, coa correspondente discusión e corrección sobre eles.
Sesión maxistral Semanalmente, antes ou ao mesmo tempo que se expoñan os exercicios prácticos, farase unha exposición ou explicación oral e nun encerado de contidos por parte dun profesor, que tratará os temas que aborda a práctica.
Solución de problemas Na parte de exercicios que se resolvan na clase daranse solucións aos problemas plantexados polo alumnado no desenvolvemento dos exercicios.
Traballos tutelados Parte dos exercicios de deseño propostos resolveranse en horario non presencial, coa correspondente discusión e corrección sobre eles no horario presencial.
Análise de fontes documentais Utilización da bibliografía correspondente, básica e complementaria, facilitada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes