Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Medicións Acústicas na Edificación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A50 A56 A74 A76 B5 B31 B34 B35 Seguimento das actividades propostas na aula desenvolvidas individualmente ou en pequenos grupos, valorándose a participación activa 25
Proba obxectiva A1 A40 A47 A50 A56 A74 B5 B16 B31 B32 C3 A proba obxectiva terá lugar nas datas oficiais de exame da primeira e segunda oportunidade. 50
Traballos tutelados B32 B33 C6 C7 C9 No que denominamos modalidade de avaliación continua, realizarase un seguimento das actividades propostas desenroladas individualmente ou en pequenos grupos. 25
 
Observacións avaliación

O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final".

A) AVALIACIÓN CONTINUA.
O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través dos traballos tutelados propostos e a través da resolución de cuestións, problemas e casos prácticos. As cualificacións de avaliación continua, que supoñen o 50% da materia, só se aplicarán no caso de satisfacer un 80% de asistencia ás clases. Nese caso, o 50% restante obterase na proba obxectiva final da materia.

B) AVALIACIÓN FINAL.
Calquera alumno (tanto con matrícula ordinaria como con matrícula a tempo parcial) terá dereito a seguir a avaliación final. Esta avaliación terá en conta unicamente o resultado obtido na realización dunha proba obxectiva dos contidos de toda a materia. A nota recibida neste exame supoñerá o 100 % da cualificación da materia e conseguirase o aprobado ao alcanzar un mínimo de 5,0 puntos. Esta proba obxectiva coincidirá coas oportunidades oficiais de xuño e xullo.

NON PRESENTADO A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles alumnos que non se presenten á proba obxectiva final das correspondentes oportunidades oficiais.

Son de aplicación e convén consultar as "Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" da UDC, que regulan os procedementos e o réxime disciplinario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes