Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación.
  A2 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre os sistemas e aplicacións informáticas específicos e xerais utilizados no ámbito da edificación.
  A3 Coñecer os materiais, tecnoloxías, equipos, sistemas e procesos construtivos propios da edificación en xeral e en particular aqueles específicos de Galicia.
  A4 Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega.
  A5 Coñecer a evolución histórica dos materiais, tecnoloxías, procedementos, métodos, sistemas e elementos construtivos.
  A6 Coñecer e aplicar os distintos sistemas de representación así como as técnicas e procedementos de expresión gráfica aplicados á edificación e ás construcións arquitectónicas.
  A7 Coñecer e aplicar as técnicas e equipos topográficos para a toma de datos, procesamento, representación, replanteo, levantamento gráfico e restitución.
  A8 Deseñar, calcular e executar estruturas de edificación.
  A9 Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación.
  A10 Coñecer as técnicas de xestión económica e de xestión de empresas así como da xestión e optimización dos recursos humanos e materiais necesarios.
  A11 Coñecer e aplicar as técnicas e procedementos de planificación, programación e organización do proceso de construción da obra.
  A12 Coñecer as técnicas de xestión, aseguranza e control da calidade, así como as técnicas de xestión medioambiental e construción sustentable.
  A13 Realizar medicións, presupostos e avaliación de custos na edificación.
  A14 Adquirir os coñecementos necesarios sobre xestión urbanística e dereito aplicado á edificación.
  A15 Redactar proxectos técnicos no ámbito da edificación.
  A16 Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación e prevención de riscos, deseño de estudos e planes, así como dos procesos de coordinación da seguridade e saúde laboral na edificación.
  A17 Dominar de forma oral e escrita un idioma estranxeiro no nivel técnico propio do ámbito da edificación.
  A18 Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra.
  A19 Aplicar as técnicas, interpretar resultados e tomar decisións para o control da calidade da obra.
  A20 Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión medioambiental e construción sustentable.
  A21 Aplicar as técnicas de control e xestión económica da edificación.
  A22 Administrar e xestionar a adquisición dos materiais, sistemas e recursos propios do proceso construtivo.
  A23 Implementar os planes de seguridade e o seu control en obra.
  A24 Planificar e xestionar a conservación, mantemento, explotación e uso do edificio así como a inspección técnica do mesmo.
  A25 Deseñar e redactar estudos e planes de evacuación e seguridade dos edificios.
  A26 Deseñar e redactar estudos de ciclo de vida útil, avaliación de eficiencia enerxética e sustentabilidade dos edificios.
  A27 Desenvolver auditorías de proxectos e de execución de obras.
  A28 Desenvolver auditorías de sistemas de calidade e medioambiente.
  A29 Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos.
  A30 Elaborar peritacións, tasacións, valoracións e estudos de viabilidade económica.
  A31 Redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos.
  A32 Efectuar procesos de planificación, xestión e control urbanístico.
  A33 Analizar a viabilidade urbanística de solares e elaborar documentos relacionados co planeamento, xestión e control urbanístico.
  A34 Realizar asesoramentos inmobiliarios.
  A35 Deseñar sistemas de acondicionamento acústico e verificar e avaliar o comportamento acústico dos edificios.
  A36 A0.1 Aptitude para utilizar os coñecementos aplicados relacionados co cálculo numérico e infinitesimal, a álxebra lineal, a xeometría analítica e diferencial, e as técnicas e métodos probabilísticos e de análise estatística.
  A37 A0.2 Coñecemento aplicado dos principios de mecánica xeral, a estática de sistemas estruturais, a xeometría de masas, os principios e métodos de análises do comportamento elástico do sólido.
  A38 A0.3 Capacidade para aplicar os sistemas de representación espacial, o desenvolvemento do esbozo, a proporcionalidade, a linguaxe e as técnicas da representación gráfica dos elementos e procesos construtivos.
  A39 A0.4 Coñecemento das características químicas dos materiais empregados na construción, os seus procesos de elaboración, a metodoloxía dos ensaios de determinación das súas características, a súa orixe xeolóxica, do impacto ambiental, a reciclaxe e a xestión de residuos.
  A40 A0.5 Coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica.
  A41 A0.6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, o seu marco institucional, modelos de organización, planificación, control e toma de decisións estratéxicas en ambientes de certeza, risco e incerteza; sistemas de produción, custos, planificación, fontes de financiamento e elaboración de plans financeiros e orzamentos.
  A42 A0.7 Capacidade para organizar pequenas empresas e de participar como membro de equipos multidisciplinares en grandes empresas.
  A43 A0.8 Coñecementos básicos do réxime xurídico das administracións públicas e dos procedementos de contratación administrativa e privada.
  A44 A1.1 Capacidade para interpretar e elaborar a documentación gráfica dun proxecto, realizar toma de datos, levantamentos de planos e o control xeométrico de unidades de obra.
  A45 A1.2 Coñecemento dos procedementos e métodos infográficos e cartográficos no campo da edificación.
  A46 A1.3 Aptitude para traballar coa instrumentación topográfica e proceder ao levantamento gráfico de solares e edificios, e a súa traza no terreo.
  A47 A2.1 Coñecemento dos materiais e sistemas construtivos tradicionais ou prefabricados empregados na edificación, as súas variedades e as características físicas e mecánicas que os definen.
  A48 A2.2 Capacidade para adecuar os materiais de construción á tipoloxía e uso do edificio, xestionar e dirixir a recepción e o control de calidade dos materiais, a súa posta en obra, o control de execución das unidades de obra e a realización de ensaios e probas finais.
  A49 A2.3 Coñecemento da evolución histórica das técnicas e elementos construtivos e os sistemas estruturais que deron orixe ás formas estilísticas.
  A50 A2.4 Aptitude para identificar os elementos e sistemas construtivos, definir a súa función e compatibilidade, e a súa posta en obra no proceso construtivo.
  A51 A2.5 Expor e resolver detalles construtivos.
  A52 A2.6 Coñecemento dos procedementos específicos de control da execución material da obra de edificación.
  A53 A2.7 Capacidade para ditaminar sobre as causas e manifestacións das lesións nos edificios, propor solucións para evitar ou emendar as patoloxías, e analizar o ciclo de vida útil dos elementos e sistemas construtivos.
  A54 A2.8 Aptitude para intervir na rehabilitación de edificios e na restauración e conservación do patrimonio construído.
  A55 A2.9 Capacidade para elaborar manuais e plans de mantemento e xestionar a súa implantación no edificio.
  A56 A3.1 Capacidade para aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios.
  A57 A3.2 Aptitude para aplicar a normativa específica sobre instalacións ao proceso da edificación.
  A58 A3.3 Aptitude para o predimensionamento, deseño, cálculo e comprobación de estruturas e para dirixir a súa execución material.
  A59 A3.4 Capacidade para desenvolver construtivamente as instalacións do edificio, controlar e planificar a súa execución e verificar as probas de servizo e de recepción, así como o seu mantemento.
  A60 A3.5 Coñecemento dos procedementos e técnicas para avaliar a eficiencia enerxética dos edificios.
  A61 A3.6 Capacidade para analizar e realizar proxectos de evacuación de edificios.
  A62 A4.1 Capacidade para programar e organizar os procesos construtivos, os equipos de obra, e os medios técnicos e humanos para a súa execución e mantemento.
  A63 A4.2 Coñecemento do dereito da construción e das relacións contractuais que se producen nas distintas fases do proceso de edificación.
  A64 A4.3 Aptitude para redactar estudos, estudos básicos e plans de seguridade e saúde laboral, e coordinar a seguridade en fase de proxecto ou en fase de execución de obra.
  A65 A4.4 Capacidade para a xestión do control de calidade nas obras, a redacción, aplicación, implantación e actualización de manuais e plans de calidade, realización de auditorías de xestión da calidade nas empresas, así como para a elaboración do libro do edificio.
  A66 A4.5 Coñecementos da organización do traballo profesional e dos estudos, oficinas e sociedades profesionais, a regulamentación e a lexislación relacionada coas funcións que desenvolve o/a arquitecto/a técnico/a e o marco de responsabilidade asociado á actividade.
  A67 A4.6 Manexo da lexislación, regulamentación e normativas específicas da prevención e coordinación en materia de seguridade e saúde laboral na edificación.
  A68 A4.7 Coñecemento da avaliación do impacto ambiental dos procesos de edificación e demolición, da sustentabilidade na edificación.
  A69 A4.8 Coñecemento das funcións e responsabilidades dos axentes que interveñen na edificación e da súa organización profesional ou empresarial. Os procedementos administrativos, de xestión e tramitación.
  A70 A4.9 Coñecemento da organización profesional e as tramitacións básicas no campo da edificación e a promoción.
  A71 A5.1 Capacidade para confeccionar e calcular prezos básicos, auxiliares, unitarios e descompostos das unidades de obra; analizar e controlar os custos durante o proceso construtivo; elaborar orzamentos.
  A72 A5.2 Aptitude para o desenvolvemento de estudos de mercado, valoracións e taxacións, estudos de viabilidade inmobiliaria, peritaxe e taxación económica de riscos e danos na edificación.
  A73 A5.3 Coñecemento do marco de regulación da xestión e a disciplina urbanística.
  A74 A6.1 Capacidade para aplicar as ferramentas avanzadas necesarias para a resolución das partes que comporta o proxecto técnico e a súa xestión.
  A75 A6.2 Aptitude para redactar proxectos técnicos de obras e construcións, que non requiran proxecto arquitectónico, así como proxectos de demolición e decoración.
  A76 A6.3 Aptitude para redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar.
  A77 A6.4 Capacidade de análise dos proxectos de execución e a súa translación á execución das obras.
  A78 A6.5 Aptitude para analizar, deseñar e executar solucións que faciliten a accesibilidade universal nos edificios e a súa contorna.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Capacidade de análise e síntese.
  B2 Capacidade de organización e planificación.
  B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
  B4 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
  B5 Capacidade para a resolución de problemas.
  B6 Capacidade para a toma de decisións.
  B7 Capacidade de traballo en equipo.
  B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
  B9 Capacidade para traballar nun contexto internacional.
  B10 Habilidades nas relacións interpersoais.
  B11 Recoñecemento e apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
  B12 Razoamento crítico.
  B13 Compromiso ético.
  B14 Aprendizaxe autónomo.
  B15 Adaptación a novas situacións.
  B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
  B17 Creatividade e innovación.
  B18 Iniciativa e espírito emprendedor.
  B19 Capacidade de liderado, diálogo e negociación.
  B20 Coñecemento de outras culturas e costumes.
  B21 Motivación pola calidade.
  B22 Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente.
  B23 Orientación a resultados.
  B24 Orientación ao cliente.
  B25 Hábito de estudo e método de traballo.
  B26 Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias.
  B27 Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe.
  B28 Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións.
  B29 Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas.
  B30 Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico.
  B31 B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  B32 B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  B33 B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  B34 B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
  B35 B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
  B36 B6 Capacidade de análise e síntese.
  B37 B7 Capacidade de organización, planificación e traballo en equipo.
  B38 B8 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información de face á autoformación profesional permanente.
  B39 B9 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
  C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes