Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Literatura e Casas Museo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe.
Lecturas Será preciso realizar diferentes lecturas sobre os contidos da materia e tamén lecturas de textos literarios relacionados cos casos analizados e co proxecto de investigación que realizará o alumno.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas fora da aula e no entorno das casa museo de escritores da contorna, e que proporcionarán a observación sistemática e directa da museización ca finalidade de por en relación todos os coñecemntos adquiridos e poder elaborar exitosamente o proxecto de investigación final.
Estudo de casos A partir da visualización ou visita a algunhas casas museos, e da lectura de fragmentos literarios, estudaráse a relación do texto e a museización proposta, avaliando e xustificando o resultado final.
Investigación (Proxecto de investigación) Se propoñen situacións que requiren do estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
No proxecto de investigación amósanse as habilidades logradas nas outras metodoloxías utilizadas e ponse de manifesto a autonomía fronte a aprendizaxe e as capacidades de desenvolvemento dos coñecementos adquiridos nun contexto real.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes