Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
 Subjects
  Zooarchaeology
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A1 B9 C1 C2 Lecturas recomendadas, aplicación dos coñecementos adquiridos nos traballos prácticos 10
Laboratory practice A5 B7 B12 B14 C2 C3 Realización das tarefas 30
Seminar A1 B7 B12 C2 C3 Presentación e discusión dos resultados do traballo práctico 10
Case study B6 B11 B12 C1 C2 C3 Realización de un traballo de investigación a partir de datos publicados ou procedentes de distintas fontes 30
Guest lecture / keynote speech A1 B6 B11 B12 B14 C1 Presentación de contidos teóricos e análise de casos. Avaliarase a participación e implicación na materia. 20
 
Assessment comments
Desenvolverase unha estratexia de avaliación continua na que se valorarán os seguintes aspectos da materia:

- Asistencia e participación activa nas clases expositivas: 20%
- Realización das tarefas do temario práctico: 40% (30% realización de tarefas prácticas, 10% lecturas recomendadas)

- Traballos de desenvolvemento individual con aplicación correcta de conceptos do temario: 40% (30% realización do traballo, 10% discusión dirixida en seminarios)

Será necesario obter un mínimo do 40% da cualificación en cada un destes aspectos para superar a materia.

Na segunda convocatoria, de xullo, o alumno terá que realizar o mesmo tipo de probas de avaliación continua que se realizaron ao longo do curso. O 20% restante avaliarase mediante proba escrita.

En caso de dispensa oficial, seguiranse os mesmos criterios de avaliación que os aplicados á modalidade presencial na convocatoria de xullo.

Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
O art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra ou alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e dás fontes”.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes