Guia docenteCurso
Facultad de Humanidades y Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Xestión de Empresas e Institucións Culturais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais.

Non se imparten aulas durante o curso 2020-2021.
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, podendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Saídas de campo Visitas a entidades e empresas culturais que permitan complementar os conceptos estudados en clase.

Xa non se levarán a cabo durante o curso 2020-2021.
Portafolios do alumno Carpeta que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos: resumos, recensións críticas, traballos nos que demostran a capacidade de aplicación dos coñecementos aquiridos nas sesións maxistrais, conclusións de procuras de información utilizando as TIC por parte do grupo...
Presentación oral O longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado, de traballos autónomos, relacionados coa materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes