Guia docenteCurso
Facultad de Humanidades y Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Xestión de Empresas e Institucións Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B10 B11 Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación. 30
Portafolios do alumno A18 B1 B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 C3 C6 C8 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 30
Traballos tutelados A1 A4 A5 A14 A16 A17 A18 B1 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 B17 B21 B22 C1 C7 Realizarase un traballo individual consistente na planificación dun evento ou proxecto cultural. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. A formación dos grupos deberá ser comunicada á profesora con antelación á elaboración do traballo e o tema debe ser consensuado con ela. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Solicitarase a súa exposición na aula. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo ou non consensuados coa docente.
30
Presentación oral A18 B3 B10 B11 B13 B16 C3 Expoñerase o traballo tutelado. Farase chegar un power point con voz á a profesora dentro do prazo que indicará. 10
 
Observacións avaliación

Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2020-2021, será obrigatorio para todo o alumnado acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DE CLASE  co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para realizar as entregas. 

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías mencionadas previamente. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

Non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin cando sexa necesario acordar un tema ou presentadas fóra de prazo. Se se realizan outras entregas desa metodoloxía, as entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar aos docentes como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e o portafolios como mínimo 1 mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades.  

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes