Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Mitoloxía Clásica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Lecturas Textos que se comentarán nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa e que inclúen tanto fontes antigas como estudos modernos. A respecto das primeiras, dúas obras fundamentais para este curso son a Teogonía de Hesíodo e Edipo rei de Sófocles. Nas aulas indicaranse outros textos recomendados, así como as traducións dos mesmos (no caso de obras grecolatinas).
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas sobre contidos do programa.
Traballos tutelados Traballo individual sobre algún mito clásico.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes