Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Mitoloxía Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A7 A9 A11 Asistencias ás aulas. 5
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A7 A9 A11 A12 B1 B3 B4 B5 B8 C1 Asistencia ás aulas, participación nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden. 15
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A12 B8 C1 Responder correctamente a cuestións sobre o programa da materia nun exame escrito que se realizará na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 50
Traballos tutelados A1 A2 A7 A9 A11 A12 B1 B3 B4 B8 C1 Entrega dos traballos individuais e boa calidade dos mesmos. 30
 
Observacións avaliación

Establécense dúas modalidades de avaliación: 1) avaliación continua (50%) + avaliación final (50%), 2) avaliación final (100%).

A
avaliación final consistirá nun exame escrito que se realizará nas
datas das convocatorias oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. Na
modalidade 1) quedarán excluídos do exame final os temas sobre os cales
se realizasen actividades de avaliación continua. Na modalidade 2) os
alumnos e alumnas examinaranse da totalidade do programa.

As
actividades de avaliación continua desenvolveranse nas clases
interactivas e consistirán en pequenos traballos sobre cuestións puntuais do programa. O
profesor indicará a
bibliografía necesaria para os alumnos desenvolveren a actividade. As
actividades serán individuais ou en grupo (segundo se indique) pero, en calquera caso, darán
lugar a un debate nas aulas. Xa que logo, non so se valorará a
elaboración dos traballos, senón a asistencia e a participación nas
aulas. Ademais, cada alumno/a deberá entregar un resumo do traballo que
fixo en cada actividade.

Outra actividade de avaliación continua
será un traballo tutelado sobre unha cuestión monográfica relacionada cos mitos clásicos e coa súa recepción. Quedan excluídos como temas dos traballos aqueles que se estuden nas aulas.

Tamén se terá en conta na avaliación continua a asistencia ás aulas (tanto interactivas como expositivas).


Os aspectos formais (corrección lingüística,
claridade na exposición, bibliografía correctamente citada, etc.)
teranse en conta na avaliación dos traballos.

En
caso de non superarse a materia en xaneiro, as cualificacións das
actividades de avaliación continua manteranse na convocatoria de xullo.

A
data de entrega dos traballos indicarase nas aulas. En
calquera caso, deberá ser unha data que permita cumprir os prazos de
avaliación previstos na normativa de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario.




















"Aqueles/as alumnos /as
que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida,
que falen co/a pofesor/ a á comezos de curso para establecer as titorías e os
sistemas de avaliación correspondentes."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes