Guia docenteCurso
Facultad de Humanidades y Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Literatura Latina Antiga e Medieval
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A12 B2 B8 B10 B11 B20 C1 Responder correctamente a cuestións sobre o programa da materia nun exame escrito que se realizará na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade 50
Traballos tutelados A1 A2 A7 A9 A11 A12 B1 B2 B4 B8 B10 B11 B20 C1 C3 C7 Entrega dos traballos individuais que se encomenden. Calidade e presentación dos mesmos. 10
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A7 A9 A11 A12 B1 B2 B4 B7 B8 B10 B11 B20 C1 C3 C6 C7 C8 Asistencia ás sesións interactivas, participación nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden 40
 
Observacións avaliación

stablécense dúas modalidades de avaliación: 1) avaliación continua (50%) + avaliación final (50%), 2) avaliación final (100%).

A
avaliación final consistirá nun exame escrito que se realizará nas
datas das convocatorias oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. Na
modalidade 1) quedarán excluídos do exame final os temas sobre os cales
se realizasen actividades de avaliación continua. Na modalidade 2) o alumnado examinarase da totalidade do programa.

As
actividades de avaliación continua desenvolveranse nas clases
interactivas e consistirán no comentario de textos seleccionados polo
profesor ou traballos monográficos sobre unha cuestión puntual. O
profesor indicará os aspectos que se deben comentar en cada caso e a
bibliografía necesaria para os alumnos desenvolveren a actividade. As
actividades serán individuais ou en grupo pero, en calquera caso, darán
lugar a un debate nas aulas. Xa que logo, non so se valorará a
elaboración dos traballos, senón a asistencia e a participación nas
aulas. Ademais, cada alumno/a deberá entregar un resumo do traballo que
fixo en cada actividade.

Cabe a posibilidade de que algún dos traballos que se encomenden sexa so para entregar por escrito.


Os aspectos formais (corrección lingüística na redacción dos traballos,
claridade na exposición, bibliografía correctamente citada, etc.)
teranse en conta na avaliación dos comentarios, traballos e portafolios.

O alumnado recibirá a corrección de cada un dos traballos entregados, onde se especifica que aspectos están ben ou non e onde se motiva a calificación da tarefa.

En
caso de non superarse a materia na convocatoria de xuño, as cualificacións das
actividades de avaliación continua manteranse na convocatoria de xullo.

A
data de entrega dos traballos indicarase na ficha de cada actividade. En
calquera caso, deberá ser unha data que permita cumprir os prazos de
avaliación previstos na normativa de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes