Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Mitoloxía Clásica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mitoloxía Clásica Código 710G01079
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Profesorado
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/Jos%C3%A9CSantosPaz
Descrición xeral Os obxectivos docentes da materia Mitoloxía Clásica son dar a coñecer os principais mitos gregos e latinos e as distintas correntes teóricas que trataron de comprendelos e estudalos. Entendida como repertorio e estudo sistemático dos mitos antigos, a mitoloxía representa un aspecto fundamental nos estudos da cultura clásica desde diversos puntos de vista (histórico, antropolóxico, literario, etc.). A súa pervivencia e continua reinterpretación dos mitos ao longo do tempo, ata os nosos días, fan da mitoloxía clásica un referente fundamental da cultura occidental, que se manifesta en eidos tan diversos como a arte, a literatura, o cinema ou a música, entre outros. A todos estes aspectos presta atención a materia Mitoloxía Clásica, cuxo programa se estrutura en dúas partes: unha, máis teórica, que pretende comprender qué é o mito e como foi interpretado e outra centrada na análise dalgúns mitos gregos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas Traballos tutelados (conta na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: substituída polo uso da plataforma de teleformación (moodle) e sesións virtuais síncronas a través de Teams para a resolución de dúbidas e cuestións. Aprendizaxe colaborativa: substituída pola realización de tarefas dirixidas. Proba mixta: substituída polos traballos de avaliación continua que se especifican abaixo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moddle: Cada semana porase a disposición do alumnado un tema cos materiais correspondentes (contidos, presentacións, bibliografía, materiais complementarios). Así mesmo, cada semana o alumnado deberá realizar unha actividade dirixida que se detallará a través da ferramenta "Tarefa" e que se entregará por esa mesma aplicación. Tamén se empregará o foro de novas para comunicacións varias. Teams: Están previstas sesións síncronas semanais para resolver dúbidas en relación coas tarefas encargadas. Titoría virtual: Atención permanente por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Realización das tarefas (50%): Entrega das tarefas dirixidas (unha por tema, frecuencia semanal). Traballos tutelados (50%): Traballo individual tutelado. *Observacións de avaliación: Mantéñense as que figuran na guía docente (pero, de ser o caso, so se computará a asistencia ás sesións maxistrais presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial). A modificación das metodoloxías de avaliación aplicarase a todo o alumnado. Son condicións para superar a materia: asistir e participar nas actividades programadas; entregar os traballos nas datas que se indiquen; obter un 50% na suma da calificación das actividades avaliables. A oportunidade de xullo estará sometida ás mesmas condicións que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición os materiais dixitalizados en mooddle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes