Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Análise Documental de Contido
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise Documental de Contido Código 710G02016
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral 1º) Acadar por parte dos discentes a formación teórica e práctica e os criterios conceptuais para realizar a análise documental de contido. 2º) Dotar aos alumnos das técnicas e recursos precisos para levar a cabo a análise de contido e establer as categorías coas que lograr unha indización pertinente. 3º) Adquirir as habilidades instrumentais e coñecementos intelectivos necesarios, para obter a maior precisión e os mellores rendementos na aplicación dos resultado da análise semántica dos documentos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de xeito máis simplificado. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se modifican: - Proba Obxectiva presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo-conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos e alumnas que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo. - Portafolios: Incorpórase a posibilidade de realizar dentro desta metodoloxía test en moodle ou Google Forms para controlar o seguimento do temario. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Ferramentas: Correo electrónico, Microsof Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades). - Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posibel concertar citas para videoconferencias a través de Teams. 4. Modificacións na avaliación; - En canto aos criterios de valoración non hai cambios. *Observacións de avaliación: As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindíbeis) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet. Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes