Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Catalogación Descritiva de Documentos Especiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B6 B7 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Consistirá en un conxunto de preguntas de resposta libre e breve. 40
Traballos tutelados A1 A3 B2 B3 B5 C1 C5 C12 C14 C15 As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Poderá solicitarse a súa exposición na aula. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo. 30
Portafolios do alumno A1 A5 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C16 C12 C11 C10 C9 C8 C7 C6 C5 C2 C1 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 20
Presentación oral B6 B7 B8 C1 C10 C13 C14 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e realizando achegas de interese sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba obxectiva, de non ser así a nota global da materia non será superior a un 4,9. Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fora de prazo ou copiados os traballos serán considerados como non presentados e serán cualificados cun 0. Este será tamén o caso dos traballos tutelados non consensuados coa profesora no prazo que se establecerase. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para a proba obxectiva. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o traballo tutelado e portafolios.

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

 Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado. Terán que decidir se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso a proba obxectiva o valor do 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes