Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Catalogación Descritiva de Documentos Especiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B6 B7 Realizarase un cuestionario final en moodle. Só se dará acceso á súa realización se os alumnos obteñen polo menos un 4 nas restantes metodoloxías. 30
Traballos tutelados A1 A3 B2 B3 B5 C1 C5 C12 C14 C15 As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Solicitarase a súa exposición na aula. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo. 25
Portafolios do alumno A1 A5 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C16 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 35
Presentación oral B6 B7 B8 C1 C10 C13 C14 Expoñerase o traballo tutelado. Farase chegar un power point con voz á a profesora dentro do prazo que indicará. 10
 
Observacións avaliación

Ao
tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2020-2021,
será obrigatorio para todo o alumnado acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS
SEMANAS DE CLASE  co fin de establecer un plan de traballo idóneo.
Establecerase entón un calendario para realizar as entregas. 

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías mencionadas previamente. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

Non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin cando sexa necesario acordar un tema ou presentadas fóra de prazo. Se se realizan outras entregas desa metodoloxía, as entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar aos docentes como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e o portafolios como mínimo 1 mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades.  

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes