Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Planificación e Xestión de Unidades de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A8 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C8 C12 C14 C17 C18 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
25
Portafolios do alumno A7 A8 B1 B3 B4 B5 B7 C3 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C14 C15 C16 C17 C18 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valorarase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
25
Proba mixta A1 B1 B5 B7 C3 C4 C10 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Non se corrixirán aquelas respostas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten ó tema exposto.
50
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes
que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non
supera o traballo tutelado non se lle avaliarán o resto de actividades e
viceversa.

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de
traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades
propostas. 







-Os alumnos que non entreguen ou non superen o
traballo tutelado e o portafolios completo, e os alumnos con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán
avaliados nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia
(cualificación: 100%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes