Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Catalogación Formal de Documentos Electrónicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B5 B6 B9 C2 C8 C10 C12 C15 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Incluirá un exercicio de catalogación dun recurso electrónico con MARC 21. 40
Portafolios do alumno A7 B3 C2 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse criterios de avaliación máis concretos no momento da presentación das actividades aos alumnos. 25
Presentación oral A7 B6 C10 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
Traballos tutelados A4 A8 B1 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías mencionadas a continuación: proba mixta, traballo tutelado e portafolios. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

Non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin cando sexa necesario acordar un tema ou presentadas fóra de prazo. Se se realizan outras entregas desa metodoloxía, as entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar aos docentes como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e o portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para a exame final pola Facultade de Humanidades.  

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS Ás AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría na primeira semana de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Terán que decidir se se acollen aos prazos de presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba mixta á que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10%  da "presentación oral"), tendo neste caso as actividades do portafolios o valor do 35%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes