Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Bases de Datos Documentais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A7 B6 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C9 C10 C11 C12 C14 C16 C18 C19 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 20
Traballos tutelados A5 A7 B6 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C9 C10 C11 C12 C14 C16 C18 C19 Avaliarase a calidade do traballo realizado 40
Proba mixta A5 A7 B6 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C9 C10 C11 C14 Proba escrita individual sobre contido teórico-práctico 40
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (40% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (60% da nota final): corresponde á proba mixta e á recuperación da nota dos estudos de casos.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 4 no traballo tutelado, e de 3 sobre 6 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes