Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Linguaxes de Indización Terminolóxicos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Linguaxes de Indización Terminolóxicos Código 710G02026
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Suárez Golán, Fernando
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
f.suarez.golan@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que desenvolve os contidos teóricos e prácticos necesarios para o coñecemento e uso das linguaxes documentais cuxa ferramenta de indización é a linguaxe ben sexa de carácter controlado ou libre.
Plan de continxencia 1- Modificacións nos contidos Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de xeito máis simplificado e/ou a través de tarefas prácticas. 2- Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Lecturas - Taller - Traballo tutelado *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado. - Proba oral: Realizarase un vídeo/presentación de power point con voz en lugar da presentación presencial. - Presentación oral: Desaparece o 10% relacionado coa participación nas aulas. A exposición das lecturas pasará a realizarse gravando un power point con voz. 3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades) Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams. 4- Modificacións na avaliación -Presentación oral: Peso na cualificación: 10%. A desaparición de parte desta metodoloxía resulta nun aumento do valor do taller do 10%. -Taller: Peso na cualificación: 40%. Aumenta o seu valor inicial do 10%. Para os alumnos que realizasen presentacións durante as clases presenciais, poderá considerarse como xa conseguido unha parte que corresponda desa porcentaxe. En canto aos criterios de valoración non hai cambios - Lecturas: Peso na cualificación: 15%. Non hai cambios nos criterios de valoración. - Traballos tutelados: Peso na cualificación: 15%. Non hai cambios nos criterios de valoración. - Proba obxectiva (on line): Peso na cualificación 20%. Pasará a realizarse a través de medios telemáticos. En canto aos criterios de valoración non hai cambios. *Observacións de avaliación: As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia. 5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet. Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes