Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Linguaxes de Indización Terminolóxicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A8 B4 Farase unha lectura por cada tema con resumo, análise, comentario e opinión.

15
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 C8 C10 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía incorporada.

15
Proba oral B3 B4 B8 C2 Valorarase a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante. Daránse instrucións precisas sobre cómo realizar esta proba. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 20
Obradoiro B5 C2 C5 C9 C11 C12 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.
30
Presentación oral B4 C2 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre as actividades propostas ou plantexando dúbidas de forma constructiva (10%).

Levarase a cabo a exposición e debate na aula dos contidos das lecturas propostas (10%).
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías mencionadas no apartado e avaliación.

Non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora cando sexa necesario acordar un tema ou presentadas fóra de prazo. Se se realizan outras entregas desa metodoloxía, as entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á docente como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e as lecturas como mínimo 15 días antes da data fixada para o exame final pola Facultade de Humanidades.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Terán que acordar unha titoría na primeira semana de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Terán que decidir  se se acollen aos prazos de presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% a parte da "presentación oral" que se refire á participación na aula), tendo neste caso as actividades do taller o valor do 40%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes