Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Arquivos Municipais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A2 B2 B6 B7 B8 B9 C2 C12 C13 C16 C17 C18 C19 Tratarase dun traballo individual. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Poderá solicitarse a súa exposición na aula. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo. 30
Presentación oral B6 B7 B8 C1 C3 C5 C10 C14 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva 10
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 B6 B7 B8 C1 C3 C5 C9 C11 C14 C15 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Esta proba poderá combinar preguntas de resposta libre breves, preguntas tipo test, identificación e xustificación de afirmacións verdadeiras ou falsas, completar coas palabras axeitadas os espazos en branco dun texto ou oración...

Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación.
40
Portafolios do alumno B2 B6 B7 B8 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE



Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre
10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no
apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na
proba obxectiva, de non ser así a nota global da materia non será superior a
un 4,9. Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán
media aritmética entre elas. De ser entregados fora de prazo ou copiados os traballos serán
considerados como non presentados e serán cualificados cun 0. Este será tamén o
caso dos traballos tutelados non consensuados coa profesora no prazo que se
establecerase. 

 



SEGUNDA OPORTUNIDADE:  



Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as
mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas
relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación
que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a
parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo
se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar
o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para
a proba obxectiva. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o traballo tutelado e portafolios.

 

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA
DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de
clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado. Terán que decidir se
se acollen aos prazos de presentación de traballos que
serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se
realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente como mínimo 15
días antes da proba obxectiva á que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de
"presentación oral"), tendo neste caso a proba obxectiva o valor do
50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes