Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Arquivos Municipais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B6 B7 B8 C1 C3 C5 C10 C14 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A6 B6 B7 B8 C1 C3 C5 C9 C11 C14 C15 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos.

A nota mínima necesaria para que ou exame faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Con unha nota inferior nesta metolodoloxía suspenderase a materia.

40
Portafolios do alumno B2 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C16 C17 C18 C19 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.

A nota mínima necesaria para que o portafolios faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Con unha nota inferior nesta metolodoloxía suspenderase a materia.

Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre
10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no
apartado de avaliación, sempre e cando se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en
cada unha das probas mencionadas: proba mixta e  portafolios.  

Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse sobre 10 e
farán media aritmética entre eles.   

Non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin cando sexa necesario acordar un tema ou presentadas fóra de prazo. Se se realizan outras entregas desa metodoloxía, as entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os
estudantes que no superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as
mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas
relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación
que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a
parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio
comunicar á profesora como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade.
Será obrigatorio presentar os traballos do portafolios como mínimo 15
días antes da data fixada para o exame pola Facultade de
Humanidades. 

 

ALUMNOS CON ADICACIÓNA TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE
ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA

Terán que
acordar unha titoría na primeira semana de clase co fin de establecer
un plan de traballo axeitado. Terán que decidir se se acollen aos prazos de
presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo
do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de
todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á
que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o
10% de"presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do
60%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes