Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Carpeta de traballo do alumno que debe entregarse periodicamente e dentro do prazo estipulado polo profesor coas diferentes actividades propostas: resumos e análise de lecturas, esquemas e contido teórico-práctico, exercicios prácticos ou probas escritas para o seguimento os coñecementos adquiridos.
Proba mixta Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos de cada módulo da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Presentación de contidos por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais, e acceso a bases de datos e outras fontes de información.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes