Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballos orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada da docente para o seguimiento.
As bases para o traballo tutelado atópanse en Moodle. Os traballos non consensuados coas profesoras, presentados fora de prazo ou que non segan las pautas indicadas en Moodle e en tutorías estarán suspensos.
Sesión maxistral Exposición por parte das docentes dos contidos a tratar no curso. Para isto, complementarase con textos, imaxes e diverso material de apoio que axude ao alumnado na asimilación dos contidos. Tamén haberá tempo para a resolución de dúbidas sobre o tratado.
Valorarase non só a asistencia a clase senón o comportamento ético e respetuoso coas profesoras e coas compañeiras/os. Os comportamentos valorados como inadecuados ou irrespetuosos serán valorados negativamente na avaliación final.
Os coñecementos ensinados na clase deben ser ampliados polos alumnos coa bibliografía que se proporciona así como na Biblioteca do Patín.
Proba obxectiva Proba teórica e práctica na que os alumnos teñen que mostrar o estudado e aprendido ao longo do curso. Tamén teñen que demostrar que ampliaron os seus coñecementos con lecturas da Biblioteca.
Prácticas a través de TIC Supostos prácticos a través das TIC que os alumnos/as teñen que resolver en horas de clase asistidos e supervisados polas profesoras.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes