Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Prácticas Externas (Prácticum)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao finalizar o período de prácticas, cada alumno presentará á titora académica unha memoria de prácticas na que describa de forma detallada as tarefas e actividades realizadas, así como unha reflexión sobre a formación recibida. Dita memoria elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas pola titora académica.
Prácticas de laboratorio Prácticas desenvolvidas polos alumnos nas unidades de información coas que a UDC ten convenio. O traballo dos alumnos estará supervisado pola titora académica (profesora da Facultade) e o titor profesional (persoa responsable do centro).
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir a información fundamental referida ás prácticas: procedementos, deberes e dereitos do alumno, sistema de avaliación, titorización, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes