-Todas as partes
teñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final. O alumnado que suspenda o exame figurará en
actas coa calificación obtida no mesmo.
- A asistencia a clase é obrigatoria. Para poder presentarse ao sistema de porcentaxes, o alumnado ha de asistir, como mínimo, ao 80% das clases. Aquelas persoas que non alcancen esta porcentaxe ou se acollan ao sistema de dispensa, terán que realizar unha proba escrita valorada ao 100%, pero haberán de entregar igualmente os traballos individuais propostos e aprobalos, se ben non puntuarán na nota final.
- Os traballos
individuais de recensión bibliográfica e presentación oral estarán
directamente relacionados co traballo en grupo. As instruccións detalladas
serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle
para a súa consulta. O traballo en grupo puntuará un 25% e o individual outro 25%.
Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primera como na segunda oportunidade.
O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.
Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.