Guia docenteCurso
Facultad de Humanidades y Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Economía: Industria da Moda
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A profesora explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas interrelacións.
A asistencia a clase ten a consideración de obrigatoria, aínda que non se pasará lista.
Traballos tutelados Os alumnos resolverán cuestións e problemas relacionados con cada un dos capítulos do temario.
O profesor explicará previamente a metodoloxía que debe seguirse e a orientación bibliográfica.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas por la profesora para optimizar a propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. O proxecto desta materia leva por título "Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible" destinado a colectivos en risco de exclusión social.
Proba mixta O exame final da materia é de carácter escrito. Optarase preferiblemente por probas tipo test de resposta múltiple aínda que poderá constar tamén de preguntas breves e/ou preguntas de ensaio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes