Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Economía: Industria da Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no desenvolvemento das actividades colaborativas, consideradas actividades de avaliación continua. Estas actividades poderán consistir:
a) Na realización de probas obxectivas (parciais) dos tres primeiros módulos do temario, cunha valoración máxima de 3 puntos.
b) Na realización dun traballo tutelado (cuarto módulo do temario) ou ben no desenvolvemento dun proxecto de aprendizaxe-servizo, cunha valoración máxima de 3 puntos.
60
Proba mixta B1 B2 B3 B4 B5 Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no exame final proposto polo equipo docente, debendo obter un mínimo de 2 puntos sobre 4. 40
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os seguintes:

1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada:

a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Gradoe Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Polo tanto, a aprendizaxe colaborativa pasaría a supoñer un 30% da cualificación e a proba mixta un 70%. Na segunda oportunidade conservaranse polo alumno as calificacións acadadas na avaliación continua (cun peso dun 30%), pero non a acadada na proba mixta.

b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba que representará o 100% da calificación final.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba mixta é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba mixta acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes