Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e pola profesora da materia, do xeito que se detalla:
- Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contido [35%]
- Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%]
- Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [5%]
- Creatividade na forma e contido [5%]
- Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%]
- Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%]
- Avaliación do traballo doutros grupos [5%]
25
Proba mixta A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C9 C5 Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 30%, respectivamente, na nota final da materia 50
Estudo de casos A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares.
15
Prácticas a través de TIC B1 B2 B7 B8 B9 C9 C3 Avaliación das prácticas realizadas na aula e doutras das que se poida solicitar entrega 5
Seminario A1 A2 A7 A8 B2 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C9 Participación activa no seminario organizado e entrega dun informe.
Será preciso que o alumnado, antes da realización do seminario, se organice en grupos de traballo e busque información sobre a persoa que intervirá no mesmo e sobre a empresa ou organización á que pertence, de cara a formular cuestións durante o tempo de debate do seminario.
Deberase enviar unha proposta de preguntas por grupo. Terase en conta a pertinencia e relevancia das preguntas.
5
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta. En caso de non cumprirse este requisito a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Neste caso, a nota final que aparecerá no expediente académico será a nota da proba mixta. 

Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais e aos diferentes seminarios organizados por esta materia ou pola coordinación do grao.

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). Para a súa avaliación non será necesaria a asistencia a clase, pero si deberán facer entrega dos estudos de caso e prácticas realizadas na aula; e o sistema de avaliación será igual ao do resto do alumnado.

Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), so terá validez para o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

O alumnado que o desexe poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación á profesora e autorización por parte desta. Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes