Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A7 B8 B9 C5 Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas ou interactivas.

10
Traballos tutelados A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e pola profesora da materia, do xeito que se detalla:
- Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contidos [30%]
- Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%]
- Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [15%]
- Creatividade na forma e contido [5%]
- Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%]
- Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%]
20
Proba mixta A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 25%, respectivamente, na nota final da materia.

O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 45% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial.
45
Estudo de casos A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares.

No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas...
20
Foro virtual B5 C2 C3 C4 C9 Participación activa nos foros: (a) no foro virtual de debate valorarase a proposta de temas para debate ou a participación nos debates xa iniciados, as iniciativas propostas...; (b) no foro de aprendizaxe, valorarase a participación respostando ás dúbidas formuladas polo alumnado.

5
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta e do traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 

Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados.

Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades.

Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Información adicional

O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: traballos tutelados (20%), proba mixta (45%), estudo de casos (30%) e participación nos foros virtuais (5%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes