Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda Código 710G03006
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
Profesorado
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
Web http://https://www.pinterest.es/estefanialsalas/demoda-udc_2021/
Descrición xeral Esta materia ten un dobre obxectivo: dotar ao alumnado da capacidade para expresar as súas ideas mediante o debuxo a man alzada, entendendo esta capacidade como básica e necesaria para o seu desenvolvemento na contorna profesional do deseño de moda, e conseguir que o alumnado adquira os coñecementos fundamentais que lle permitan enfrontarse á análise das formas na moda por medio do debuxo a man alzada. Paralelamente a estes obxectivos, o alumnado irá tomando coñecemento dos modos de expresión gráfica no ámbito da xestión industrial de moda.
Plan de continxencia Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, prevese o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola universidade, en especial a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico. 1. Modificacións nos contidos – No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial, total ou parcialmente. – Actividades iniciais – Sesión maxistral – Obradoiros (computa na avaliación) – Traballos tutelados (computa na avaliación) – Seminario – Proba práctica (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican – Non está previsto modificar as metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola universidade: Moodle, Microsoft Teams e o correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación – Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: – Non se realizarán cambios 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – O alumnado disporá do material necesario dixitalizado en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes