Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Deseño de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A18 B1 B3 B4 B5 B7 B9 B10 C3 C8 Plantexaranse cuestións sobre o temario para ser respondidas en papel tanto de forma escrita en formato test, extenso ou gráfico 30
Traballos tutelados A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C3 Como complemento das clases expositivas e das interactivas, e co obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal. Os estudantado desenvolverá continuadamente traballos prácticos de tipo analítico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado. 70
 
Observacións avaliación

1. Asistir ó 80% das clases. (Asistencia supón unha participación activa nas clases e seminarios da materia)

2. Realizar o 80% dos traballos nas datas indicadas.

3. Realizar o traballo grupal nas datas indicadas.

4. Obter como mínimo unha calificación de 50/100 na proba obxectiva 

En
caso de non cumprir algún dos primeiros tres puntos, o estudiante
obterá a calificación de "NP" (non presentado) en nas oportunidades de
Xaneiro e Xullo.

Se o estudante non asiste á primeira oportunidade (Xaneiro) e cumpre os tres primeiros requisitos, obterá un "NP" (Xaneiro)

A
segunda oportunidade (Xullo) únicamente consistirá na realización da
proba obxectiva. Os mesmos requisitos serán esixidos que na primeira
oportunidade, polo que estarán nas situacións: 1. cumprir os 4
requisitos previos indicados e obter unha calificación por debaixo de 5
na primeira proba obxectiva ou, 2: cumprir os tres primeiros requisitos e
non ter realizado a primeira proba obxectiva.

Os estudiante que se matriculen có curso xa iniciado:

1. Asistirán a non menos do 90% das clases presenciais dende a formalización da matrícula.

2. Completarán todos os traballos individuais e grupais nas datas esixidas -tras a súa matrícula-

3. Os traballos xa realizados previos á sua matrícula serán esixidos e realizados segundo as instrucións do profesorado.

O
resto de regras que non entren en contradición coas anteriores
seranlles de aplicación do mesmo xeito que ó resto de estudantes.

Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.          

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes