Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C7 C9 Avaliación do traballo en grupo proposto polo profesorado 35
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B3 B4 B8 B9 C3 C8 C9 Proba práctica usando o software visto na materia. 35
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B9 C9 C2 Exame sobre os contidos teóricos da materia 30
 
Observacións avaliación

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará ao inicio do curso a súa situación ao profesorado da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). Para a súa avaliación non será necesaria a asistencia ás clases presenciais, pero si deberán entregar igualmente os casos e exercicios feitos na clase e a súa calificación será igual á do resto do alumnado.

Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade de avaliación.

Con respecto á cualificación de 'Non presentado', só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un/ha alumno/a que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto na primeira ou na segunda oportunidade, a súa cualificación final será 'Suspenso', e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

O alumnado que o desexe poderá presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesorado e autorización por parte deste.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes