Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 Exame final da materia. 35
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Avaliación do traballo en grupo (70% memoria e 30% presentación oral). 35
Prácticas a través de TIC A9 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C9 Proba práctica usando Excel e / ou QGIS. 30
 
Observacións avaliación

O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará ao inicio do curso a súa situación ao profesorado da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b). Para a súa avaliación non será necesaria a asistencia ás clases presenciais, pero si deberán entregar igualmente os casos e exercicios feitos na clase e a súa calificación será igual á do resto do alumnado.

Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade de avaliación.

Con respecto á cualificación de 'Non presentado', só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un/ha alumno/a que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto na primeira ou na segunda oportunidade, a súa cualificación final será 'Suspenso', e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

O alumnado que o desexe poderá presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesorado e autorización por parte deste.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes