Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Inglés de Negocios
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante as sesións maxistrais presentaranse diferentes aspectos da lingua inglesa, tales como o vocabulario específico de interese para o exercicio profesional da titulación ou certas estruturas gramaticais.
Seminario Os seminarios centraranse na práctica da interpretación e a produción de textos ESCRITOS en lingua inglesa, vencellados aos ámbitos de interese da titulación. (READING E WRITING)
Obradoiro Os obradoiros porán o foco na práctica da interpretación e a produción de textos ORAIS en lingua inglesa, vencellados aos ámbitos de interese da titulación. (LISTENING E SPEAKING)
Presentación oral O estudantado recibirá formación específica na preparación dunha presentación oral breve.
Discusión dirixida Realizaranse unha serie de debates sobre aspectos de interese para o exercicio profesional da titulación, cos que o estudantado poderá seguir a desenvolver aspectos específicos da súa capacidade de comunicación e persuasión.
Estudo de casos O estudantado realizará unha serie de pequenos traballos, como resumos, reflexións, ou comparacións, baseados en bibliografía específica sobre aspectos relacionados coas áreas de interese da titulación.
Proba práctica O estudantado realizará unha proba práctica final para avaliar os contidos da materia impartida nos seminarios e obradoiros.
Traballos tutelados Realizarase un PROJECT en grupos, que será presentado de forma escrita e defendido de forma oral ante a clase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes