Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Fundamentos da Información e a Documentación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á aplicación teórica e práctica dos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Centrarase na elaboración dunha lista de referencias bibliográficas sobre un tema relacionado con el grado. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Será obrigatorio consensuar o tema deste traballo coa docente dentro do plazo que se estableza a tal fin. Exporase na aula.

Presentación oral Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Portafolios do alumno Cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, fundamentalmente consistentes en resumo, comentario ou resposta a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes