Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Fundamentos da Información e a Documentación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Conxunto de traballos dos alumnos que implicarán a aplicación teórica e práctica dos contidos da materia. Entregaranse no prazo ou prazos estipulados polas docentes. Recibirán orientación e seguemento en grupo na aula e precisarán de traballo autónomo por parte do alumnado. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Dependendo do caso, as tarefas realizaranse de xeito individual ou precisarán consensuar o tema sobre o que se traballe coa docente dentro do plazo que se estableza a tal fin.
Seminario Reunións con expertos que nos axudarán a profundar sobre temas en relación cos contidos da materia. Implicará a visita á aula dos especialistas ou saídas de campo, ás que será obrigatoria a asistencia. Requirirase un resumo da actividade e realizarase unha posta en común mediante a reflexión conxunta na clase, da que extraeranse conclusións que deberán quedar reflectidas nos traballos finalmente consignados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes