Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Representación e Recuperación Dixital da Información I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Representación e Recuperación Dixital da Información I Código 710G04007
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
alejandro.cortinas@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da Análise Documental, os seus niveis operativos e os resultados documentais. Análise dos métodos e técnicas da catalogación descritiva, prestando especial atención ao estudo das Regras de Catalogación españolas, dos formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. Aplicación práctica do estudado no ámbito conceptual e metodolóxico-técnico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: -As sesións maxistrais mantéñense por videoconferencia, no seu horario oficial, primando, a aprendizaxe activa e participativa. -O portafolios do alumno mantense, os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, as distintas actividades e exercicios de catalogación para o seguimento dos coñecementos adquiridos. Estas actividades forman parte do traballo autónomo dos alumnos pero todas elas serán debatidas e correxidas conxuntamente entre a profesora e os alumnos nas clases por videoconferencia. -Os traballos tutelados mantéñense. Os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, os distintos traballos tutelados propostos. As sesións desta metodoloxía realizarase a través do mecanismo de docencia virtual no seu horario oficial. -A proba obxectiva mantense, pero únicamente a parte de contido teórico, que se desenvolverá a través de Forms. *Metodoloxías docentes que se modifican: os exercicios de catalogación en ISBD da proba obxectiva elimínanse, dándolle prioridade ás tarefas do portafolios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: 3.1. Docencia virtual: Teams 3.2. Contidos teóricos e prácticos da materia: Moodle / Genially con enlace en Moodle 3.3. Entrega e corrección de actividades: Moodle / Genially con enlace en Moodle 3.4. Proba obxectiva: Forms con enlace en Moodle 3.5. Titorías: Teams, Moodle e correo electrónico da UDC 4. Modificacións na avaluación: proba obxectiva mediante cuestionarios en Forms, nos que se avaliarán os contidos teóricos da materia. Tempo para a súa realización: 2 horas. Cualificación: 10%; portafolios do alumno, os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, distintas actividades para o seguimento dos coñecementos adquiridos a través de Moodle. Cualificación: 60%; traballo tutelado: os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, distintos traballos para o seguimento dos coñecementos adquiridos a través de Moodle. Cualificación: 30% *Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo, é dicir, se un alumno non supera o portafolios non se lle avaliará a proba obxectiva e viceversa (o mesmo para os traballos tutelados). Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. Os alumnos que non entreguen ou non superen o portafolios completo, a proba obxectiva e todos os traballos tutelados, xunto cos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes