Representación e Recuperación Dixital da Información I
Código
710G04007
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
alejandro.cortinas@udc.es
Web
Descrición xeral
Coñecemento dos conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da Análise Documental, os seus niveis operativos e os resultados documentais. Análise dos métodos e técnicas da catalogación descritiva, prestando especial atención ao estudo das Regras de Catalogación españolas, dos formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. Aplicación práctica do estudado no ámbito conceptual e metodolóxico-técnico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-As sesións maxistrais mantéñense por videoconferencia, no seu horario oficial, primando, a aprendizaxe activa e participativa.
-O portafolios do alumno mantense, os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, as distintas actividades e exercicios de catalogación para o seguimento dos coñecementos adquiridos. Estas actividades forman parte do traballo autónomo dos alumnos pero todas elas serán debatidas e correxidas conxuntamente entre a profesora e os alumnos nas clases por videoconferencia.
-Os traballos tutelados mantéñense. Os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, os distintos traballos tutelados propostos. As sesións desta metodoloxía realizarase a través do mecanismo de docencia virtual no seu horario oficial.
-A proba obxectiva mantense, pero únicamente a parte de contido teórico, que se desenvolverá a través de Forms.
*Metodoloxías docentes que se modifican: os exercicios de catalogación en ISBD da proba obxectiva elimínanse, dándolle prioridade ás tarefas do portafolios.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
3.1. Docencia virtual: Teams
3.2. Contidos teóricos e prácticos da materia: Moodle / Genially con enlace en Moodle
3.3. Entrega e corrección de actividades: Moodle / Genially con enlace en Moodle
3.4. Proba obxectiva: Forms con enlace en Moodle
3.5. Titorías: Teams, Moodle e correo electrónico da UDC
4. Modificacións na avaluación: proba obxectiva mediante cuestionarios en Forms, nos que se avaliarán os contidos teóricos da materia. Tempo para a súa realización: 2 horas. Cualificación: 10%; portafolios do alumno, os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, distintas actividades para o seguimento dos coñecementos adquiridos a través de Moodle. Cualificación: 60%; traballo tutelado: os alumnos entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, distintos traballos para o seguimento dos coñecementos adquiridos a través de Moodle. Cualificación: 30%
*Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo, é dicir, se un alumno non supera o portafolios non se lle avaliará a proba obxectiva e viceversa (o mesmo para os traballos tutelados). Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. Os alumnos que non entreguen ou non superen o portafolios completo, a proba obxectiva e todos os traballos tutelados, xunto cos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías