Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Subjects
  Digital Representation and Recovery of Information I
   Methodologies
Methodologies Description
Objective test -Proba mixta que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
-Proba práctica que consiste na realización de exercicios de catalogación en ISBD para a avaliación das capacidades e habilidades adquiridas.
Supervised projects Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes. Os traballos tutelados servirán para aplicar os coñecementos adquiridos na materia sobre medios dixitais.
Student portfolio Carpeta de traballo dos alumnos que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades expostas. Debido á natureza da materia os alumnos traballan especialmente en exercicios prácticos de catalogación.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte dos profesores, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos alumnos, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte dos profesores.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes