Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Representación e Recuperación Dixital da Información I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A13 A14 B4 B7 B8 B9 C8 Valórase a adecuación do traballo dos/as alumnos/as aos temas propostos para cada actividade e o contido, con especial interese nas achegas do alumnado. En cada un dos exercicios de catalogación valórase a capacidade de análise e a resolución de problemas, ademais do esforzo e dedicación demostrados polo alumnado.

Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, aquelas con faltas de ortografía ou as que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Proba obxectiva A1 A9 B3 B11 C1 C7 Proba mixta, cuestionario de avaliación dos contidos teóricos:
Avalíanse o número de erros e acertos do cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademais os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas; a capacidade de argumentación; o emprego da terminoloxía; a expresión escrita; a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.); a creatividade e o espírito crítico.

Os/as alumnos/as deberán revisar e razoar previamente todo o contido da documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta ao cuestionario.

O cuestionario deberá completarse de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado. Fóra do tempo establecido non será avaliado.
10
Traballos tutelados A6 B2 B6 B10 C2 C6 Valórase a adecuación ás pautas marcadas, o contido, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a resolución dos problemas e a entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles: 

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa, do mesmo xeito que para o caso dos traballos tutelados. 

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

 -Os/as alumnos/as que non entreguen ou non superen o portafolios completo e a proba obxectiva, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados (primeira e segunda oportunidade) nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 70 %), debendo realizar un cuestionario de avaliación dos contidos teóricos e unha proba práctica de exercicios de catalogación en ISBD, na que se avaliará a capacidade de análise e a resolución fundamentada do problema. Así mesmo, deberán entregar, de xeito obrigatorio e na data fixada, os traballos tutelados (cualificación: 30 %). 

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes